En Noitevella nada che impidirá ter uns pratos deliciosos
A Empanadería ofréceche unha serie de menús cos que te despreocuparás totalmente de cociñar
Chegan as datas máis sinaladas do ano e A Empanadería busca ofrecerche uns menús de calidade para que te despreocupes de ter que mercar e cociñar.
Para esas datas ofrecemos un horario ampliado e o 24 e 31 de decembro abriremos de 9:00h a 18:00h. Pola contra, o 25 de decembro, día de Nadal, e o 1 de xaneiro, día de Aninovo, pecharemos por descanso.
Ademais das nosas empanadas artesás, teremos un menú composto por varios entrantes e pratos principais (ademais de deliciosas sobremesas) que poderás combinar ao teu gusto e encargar por ración.
Non dispoñemos de servizo a domicilio así que teredes que recoller os pedidos na nosa tenda.
Os nosos pratos para ese día serán:
ENTRANTES:
-Croquetas de xamón - 0,40€ por unidade
-Croquetas de marisco - 0,70€ por unidade
-Vieiras ao forno - 5,50€/unidade
-Salpicón de merluza - 6,50€/ración
-Salpicón de marisco - 12,50€/ración
-Ameixas á mariñeira (babosa pequena) - 32€/kg (cada quilo dá para catro persoas)
PRATOS PRINCIPAIS:
-Caldeirada de raia - 6,50€/ración
-Peixe sapo (Rape) en salsa de marisco con patacas cocidas - 8€/ración
-Tenreira asada ao estilo tradicional con pataca asada - 7,50€/ración
-Costelar de tenreira ao forno con pataca asada - 7,50€/ración
-Cordeiro asado ao estilo tradicional con pataca asada - 8€/ración
-Tenreira enrolada con pataca asada - 6,50€/ración
OUTRAS OPCIÓNS:
-Lacón asado enteiro (aprox 8-10 persoas) - 38€
-Xamón asado enteiro (aprox 14-16 persoas) 55€
SOBREMESAS:
-Torta da avoa - 5€/terrina
-Torta de queixo fría - 5€/terrina
-Sobremesa de turrón - 5€/terrina
-Tiramisú - 5,50€/terrina
-Pannetone de chocolate - 9€/ud.
-Pannetone de pasas e laranxa - 9€/ud.
E, POR SUPOSTO, TODAS AS NOSAS EMPANADAS!
Encargas ata o día 20 para Noiteboa e o 28 para Noitevella (ou límite de capacidade) no 981049630 (tamén por Whatsapp) ou no noso despacho!