As nosas empanadas
Presentámosvos o noso produto estrela, as nosas empanadas. Facémolas de moitas variedades distintas, algunhas máis clásicas e outras máis novidosas. Cada día podes atopar diferentes sabores na nosa tenda, pero se desexas algunha en concreto, encárganos.
Estas empanadas teñen tres segredos: a masa, o recheo e o cariño co que están feitas. Unha masa crocante e saborosa á vez, un recheo moi abundante, cunha cebola moi feita pero sen aditivos e unha materia prima de primeira calidade e feitas todas unha a unha no noso obradoiro de maneira artesá con moito cariño e coidado,
Estamos seguros de que unha vez que probes unha, quererás probar moitas máis.
As empanadas véndense ao peso e, preferentemente baixo encarga, na nosa tenda, temos empanadas de:
-Atún
-Bacallau
-Bacallau con gambas
-Bacallau con pasas
-Berberechos
-Boloñesa vegana (con soia texturizada)
-Carne
-Chicharróns con queixo Arzúa-Ulloa
-Grelos (con lacón, chourizo e queixo)
-Liscos (panceta, chourizo, cebola e pemento verde)
-Luras en tinta
-Mexillóns con gambas
-Polbo
-Polbo con gambas
-Polbo con zamburiñas
-Polbo con zamburiñas e gambas
-Polo con champiñóns
-Raxo
-Raxo en salsa de cogomelos con queixo
-Vexetal (vegana)
-Xoubas
-Zamburiñas
-Zamburiñas con gambas
-Zorza
Recoméndase a encarga con 24 horas de antelación
Empanadas feitas unha a unha coas nosas mans
Aínda que moitos non nos cren, si, no noso obradoiro facemos todos e cada un dos procesos das nosas empanadas. Non veñen de ningún outro lado e son feitas todas e cada un coas nosas mans e, (como non) con moito agarimo.
Non facemos empanadas iguais
Como podes comprobar, todas as nosas empanadas son distintas porque facemos todas unha a unha. Anímaste a probalas?
A empanada ao teu gusto
Atópanos na Rúa Vicente Ferrer, 18. A Coruña