A Empanadería: A casa das empanadas artesás

A Empanadería é o lugar onde atoparás a empanada que estabas buscando. Cunha masa rica e un recheo completo, que te deixa con probar outro anaco. Búscanos na rúa Vicente Ferrer, fronte ao Mercado de Elviña e os novos ministerios da Coruña.

Ademais, no noso local poderás atopar tamén todo tipo de comida para levar, primando sempre os produtos de temporada, que tanto che servirá para sacarte dun apuro un día como para unha gran comida na que non che apeteza poñerte a cociñar. Tamén teremos pan e algún doce á túa disposición.



Unha empanada deliciosa

O único segredo é unha empanada elaborada con moito cariño, cun bo recheo e cunha masa fina, crocante e saborosa á vez

Dispoñemos dunha ampla carta de empanadas que temos todo o ano baixo encarga e vendemos ao peso. Ademais, atrevémonos con todo, e se tes unha petición, fáinolo saber e prepararémola para ti.

CONTACTA CON NÓS E FAI A TÚA ENCARGA!

E tamén facemos de comer

Produtos frescos, variados: verduras, carne, peixe, algunha sobremesa... cada día temos unha ampla variedade de pratos preparados para levar. Ademais, se o desexas, tamén nos podes encargar un menú para algunha celebración ou comida ampla. Incluso, podes vir e levar algunha sobremesa para completar o teu xantar. Lamberás os dedos!